domingo, 26 de febrero de 2012

Cronica

Unha nova xornada de sendeirismo cos amigos "miúdos" moi aproveitadiña...
desta tocou en terras asturianas...alá que nos fomos a Taramundi: terra de "navallas", que non do marisco, menos mal...que senón tería que poñerme eu seria...jjj
saímos de Ferreira con fresquiño alá polas 8 pasadas da mañanciña, no bus deunos tempo de disfrutar das paisaxes xeadas cun manto branco que semellaba unha verdadeira nevarada preto dos ríos...
Repostamos un bo cafeciño no bar,como mandan os cánones,e comezamos a nosa andaina antes das 10, á par dos compañeiros sendeiros de Foz, a xente animada polo frío que se ía metendo nos corpos canto máis nos achegábamos ó río...e subindo...subindo...fomos facendo a ruta dos muíños pero ó revés do que marca o sentidiño: é dicir...que subimos por onde todo mundo baixa...e baixamos por onde os demais soben...xenial idea de Ánxel que estivo ben atinado coma sempre!!!
mención merece a nosa xovencísima Bea, que nos deu a todos unha clase maxistral por aqueles montes empinados arriba sen rechistar e facendo amig@as/os...vaia rapariga tan espabilada e desperta!!!
a paisaxe entre verde,cor viño e cores opacas do inverno, foinos acompañando camiño arriba, coa parada obrigatoria para repoñer forzas con aperitivos varios e bebidas...
arriba xa en chán entramos na Ermida,onde nos atopamos cos sendeiros de Foz e onde Ánxel nos deleitou co seu latín(ou algo semellante...)e eu asentín cun "amén" que sempre queda ben neses casos...
comezamos a baixada...cos regatos conxelados, caramelos de xeo preciosos...e na compaña dun nordés de rigor...pero xa entusiasmados de deixar o máis duro do camiño atrás e encamiñar o tramo final led@s/os...quén dixo frío??en tan boa compaña e envexable paisaxe...
entreténdonos nos muíños que fomos atopando...de novo chegamos ó punto de partida antes do que pensabamos, inda non era a 1, e fixemos tempo no bar escanciando uns a típica sidrina asturiana e dando boa conta dela...e outros meténdolle o 2º café ó corpo.
logo paseo polo pobo,mercando as típicas navallas (en distintas calidades...que logo na comida deu de si o tema...), visita ó castro, e xa chegamos ó xantar que como non podía ser menos non defraudou, nin polo menú nin pola compaña, xa satisfeitos e con cafeciño do pote ben quentiño...saímos de volta para terras galegas onde chegamos xa pasadas as 5 da tarde...
xornada inolvidable e amena que espero repetir e non tardar tanto coma desta vez, que xa me tardaba. saúdos a tódolos "miudiños", incluso ós que non puideron vir e ata a próxima.bicos.

Covi Martinez Vale



No hay comentarios:

Publicar un comentario